Noriega asiste ao concerto didáctico da Escola Municipal de Música do López Ferreiro

Noriega asiste ao concerto didáctico da Escola Municipal de Música do López Ferreiro
Noriega asiste ao concerto didáctico da Escola Municipal de Música do López Ferreiro

Os concertos didácticos da Escola Municipal de Música teñen como obxectivo achegar a música ao alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria e tamén ás crianzas do ciclo 0-3 anos

Xa está en marcha o ciclo de concertos didácticos que a Escola Municipal de Música vai levar aos centros escolares e escolas infantís ata o próximo mes de marzo. Hoxe, o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, puideron asistir a unha das actuacións no CEIP López Ferreiro.

Os concertos didácticos da Escola Municipal de Música teñen como obxectivo achegar a música ao alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria e tamén ás crianzas do ciclo 0-3 anos. 

En cada xornada, dous músicos visitan os centros educativos para presentar os diferentes instrumentos, describir as súas posibilidades melódicas e explicar as diferentes formas musicais de interpretación. 

Na sesión de hoxe no López Ferreiro participou un dúo de clarinete e saxofón, pero nos diferentes concertos participarán tamén outros dúos de violín e frauta traveseira, violín e viola, trombón e trompeta, acordeón e guitarra e guitarra clásica e percusión.

Ademais, os concertos didácticos chegarán ás escolas infantís de Conxo, Fontiñas, Meixonfrío-Salgueriños, San Roque, Tambre, Tras-Parlamento e á nova Escola Infantil do Castiñeiriño. Neste caso, tres profesores/as da Escola Municipal de Música visitan os centros educativos para interpretar un conto relacionado coa música. 

Comentarios