Presentación da terceira edición do proxecto Youtubeir@s

Presentación da terceira edición do proxecto Youtubeir@s
Presentación da terceira edición do proxecto Youtubeir@s

A nova convocatoria presentarase publicamente hoxe mércores 13 ás 12:00 horas no plató de televisión número 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

O premio Youtubeir@s inicia a súa terceira edición fiel ao seu obxectivo primixenio, incrementar a presenza do galego nos vídeos de Youtube, a rede social de vídeos máis grande. 

A nova convocatoria presentarase publicamente hoxe mércores 13 ás 12:00 horas no plató de televisión número 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Intervirán o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei; os alcaldes de Santiago e do Grove, Martiño Noriega e José Antonio Cacabelos, respectivamente; e a coordinadora do proxecto Mónica Fernández Valencia.

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña.

Comentarios