Samuel Míguez, gaña o campionato galego de natación nas probas de 100 e 200 metros braza

Samuel Míguez, gaña o campionato galego de natación nas probas de 100 e 200 metros braza

O deportista amesán conseguiu a mínima na modalidade de 100 metros braza para disputar o campionato de España individual de natación

A piscina do complexo deportivo Rías do Sur, de Pontevedra, acolleu os días 2 e 3 de febreiro o Campionato galego de natación alevín de inverno. En dito campionato, o amesán, Samuel Míguez Feijóo, gañou o campionato galego alevín (14 anos) nas probas de 100 metros e 200 metros braza e quedou subcampión en 100 metros estilos. .

O amesán, Samuel Míguez Feijóo, do club de natación Cidade de Santiago, gañou o Campionato galego alevín individual (14 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Dito campionato disputouse os días 2 e 3 de febreiro na piscina do complexo deportivo Rías do Sur, de Pontevedra. Deste xeito, consegue a mínima na modalidade de 100 metros braza para disputar o campionato de España individual de natación. Ademais, foi subcampión na modalidade de 100 metros estilos.

Samuel Míguez foi convocado pola Federación Galega de Natación para o campionato de España de natación alevín por Comunidades Autónomas, que se celebrará en Madrid os días 2 e 3 de marzo no Centro de Natación M´86. O deportista amesán competirá nas probas de 100 metros e 200 metros braza.

Este éxito súmase ao conseguido a finais de xuño e comezo de xullo de 2018, cando gañou o campionato galego alevín (13 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Dito campionato disputouse os días 30 de xuño e 1 de xullo na piscina municipal Rosario Dueñas, en Ourense. Ademais, no campionato de España de 2018, celebrado do 19 ao 22 de xullo en Sabadell, acadou o oitavo posto na modalidade de 200m braza.

Comentarios
Lo más