Adxudicado provisionalmente a instalación dunha liña de pluviais en Arribas

Adxudicado provisionalmente a instalación dunha liña de pluviais en Arribas
Adxudicado provisionalmente a instalación dunha liña de pluviais en Arribas

Actualmente Arribas carece de sistema de recollida de augas pluviais, o que provoca que as augas superficiais ocasione danos en inmobles adxacentes

O Concello de Riveira informa da adxudicación provisional dunha nova actuación consistente na instalación dunha liña de pluviais no lugar de Arribas, na parroquia de Artes.

Actualmente Arribas carece de sistema de recollida de augas pluviais, o que provoca que as augas superficiais ocasione danos en inmobles adxacentes. 

Para solucionar este problema resulta necesario canalizar as augas procedentes do polígono e conducilas ata o cruce existente na DP-7304. Con tal motivo, colocaranse 210 metros de colector de polipropileno de 800 metros de diámetro, con pozos de rexistro cada 35 metros.

PAVIMENTACIÓN

Ademais, o camiño aglomerarase cunha capa de mestura bituminosa en quente.

A empresa que obtivo unha mellor clasificación entre as 23 presentadas resultou Excavaciones Abelleira, S.L., cunha proposta de 39.905 euros. O seu prazo de execución son dous meses.

Comentarios