A primavera chega hoxe a Compostela

A primavera chega hoxe a Compostela
A primavera chega hoxe a Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 5º e a máxima chegará aos 19ºC

Non se agardan cambios significativos para o mércores, xa que Galicia continuará na influencia das altas presións. 

Así, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais e algún intervalo de nubes altas.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5º e a máxima chegará aos 19ºC.

O vento soprará frouxo de compoñente sur.




Comentarios