O reitor da USC mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez

O reitor da USC mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez

Este encontro serviu para plantexar liñas de colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela co obxectivo de sumar a súa participación na organización do vindeiro Ano Santo

Os conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reuníronse con Antonio López Díaz, Julio Abalde e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitores das tres universidades galegas, co fin de involucrar as institucións académicas na organización do Xacobeo de 2021.

Este encontro serviu para plantexar liñas de colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo co obxectivo de sumar a súa participación na organización do vindeiro Ano Santo e que, ademais, poidan facer as súas achegas ao Plan Estratéxico do Xacobeo que comezará a redactarse en breve.

Segundo explicou o titular de Cultura e Turismo, a colaboración coas tres universidades galegas permite afondar nunha liña de traballo “de grande interese e impacto positivo” que ofrece a posibilidade de por en marcha congresos universitarios de carácter internacional.

Á reunión tamén asistiron os secretarios xerais técnicos das Consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Manuel Vila e Jesús Oitavén, así como a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira.

Comentarios
Lo más