O embaixador de Ucrania en España visita a Cámara de Comercio de Santiago

O embaixador de Ucrania en España visita a Cámara de Comercio de Santiago
O embaixador de Ucrania en España visita a Cámara de Comercio de Santiago

O embaixador de Ucrania agradeceu a cálida acollida e hospitalidade recibida polos representantes da Cámara de Comercio de Santiago

O vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, José Carballo, a secretaria xeral, Rosa Cardeso, e o técnico de comercio exterior da entidade, Fernando Pérez-Soba, reuníronse onte na sede cameral co embaixador de Ucrania en España, Anatoliy Scherba, e o primeiro secretario, Viktor Kharaminskyi. Analizaron as relacións comerciais e as oportunidades de negocio que ofrecen ambos territorios.

O embaixador de Ucrania agradeceu a cálida acollida e hospitalidade recibida polos representantes da Cámara de Comercio de Santiago. Cámara e embaixada agardan que esta visita contribúa ao desenvolvemento e fortalecemento das relación económicas e empresariais entre España e Ucrania e, en particular, a nivel rexional entre Galicia e a rexión de Lviv (A Galicia Ucraniana).

Comentarios
Lo más