O veciños da rúa Valiño reclaman a urbanización da zona que pagaron fai dúas décadas

O veciños da rúa Valiño reclaman a urbanización da zona que pagaron fai dúas décadas

A execución urxente desta urbanización foi obxecto dun acordo plenario unánime en xuño de 2017

A veciñanza que reside no ámbito da rúa Valiño nº 11 está "farta da demora" que arrastra a urbanización desta zona que debería comunicar esta rúa coa Avenida do Camiño Francés, nas inmediacións do centro comercial das Cancelas. Así o queren denunciar os populares de Santiago.

A demora na actuación do Goberno de Compostela Aberta levou á colocación dun cartel no acceso a esta rúa no que se pregunta polo destino da achega da veciñanza para a urbanización que foi asumida hai dúas décadas pola achega dos residentes, mediante as correspondentes cuotas.

A protesta veciñal xorde "ante o progresivo abandono desta zona por parte do Goberno de Martiño Noriega"  aseguran os populares, sen beirarrúa e cunha escaleira inacabada, conformando un contorno perigoso para as persoas que por alí residen e transitan, en especial os escolares que acoden diariamente ao próximo colexio público de Monte dos Postes.

A cuestión foi abordada no Pleno municipal de xuño de 2017 chegando a un acordo unánime para a execución urxente desta urbanización. 

Segundo informara con anterioridade o actual concelleiro responsable de Urbanismo o proxecto estaba en redacción en 2016 e a finais dese mesmo ano estaría rematado e que a idea era que principios de 2017 se puidera executar a obra.

Comentarios
Lo más