O venres remata o prazo para o abono da taxa anual das tarxetas de residente

O venres remata o prazo para o abono da taxa anual das tarxetas de residente

O prezo é de 50 euros e o abono efectuarase en TUSSA, na Estación de Autobuses, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas

A Concellaría de Convivencia lembra que este venres, 15 de febreiro, remata o prazo para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2019 das tarxetas de residente por razón de municipio.

O prezo é de 50 euros e o abono efectuarase en TUSSA, na Estación de Autobuses, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. Será necesaria a presentación do DNI do propietario do vehículo.

A partir da data límite, todas aquelas tarxetas que non tiveran pagado a correspondente taxa serán anuladas. 

Comentarios
Lo más