Un ferido nun accidente de autobús

Foto de arquivo
Un ferido nun accidente de autobús

O choque produciuse ás 16:30 horas na PO-546, ao paso por Lourizán, en Pontevedra

O 112 Galicia rexistrou esta tarde unha colisión cun turismo e un autobús de pasaxeiros implicados, na que resultou ferida unha persoa.O choque produciuse ás 16:30 horas na PO-546, ao paso por Lourizán, en Pontevedra.

Para a atención do único feridos, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios de urxencia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Igualmente, foi necesaria a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comentarios
Lo más