Reyes afirma que a anulación da adxudicación da ludoteca é "paradigma do desastre de xestión de CA"

Reyes afirma que a anulación da adxudicación da ludoteca é "paradigma do desastre de xestión de CA"
Reyes afirma que a anulación da adxudicación da ludoteca é "paradigma do desastre de xestión de CA"

Como manifestou Reyes, "agora xa non é tempo de esixir responsabilidades", que manifestará a cidadanía nas urnas o 26 de maio

A anulación por parte da Xustiza da adxudicación da ludoteca a favor de Sermasa e mesmo do proceso de licitación é, para o grupo socialista, o "paradigma do desastre de xestión de Compostela Aberta". 

Para o seu voceiro, Paco Reyes, o problema con este caso "non é que que CA non sexa quen de executar, non sexa quen de gastar, o que orzamenta e, polo tanto, non é quen de prestar os servizos de calidade que necesita a cidadanía, de facer as obras de mantemento ou de coidar os noso parques e zonas verdes e de lecer, senón que, ademais, cando gasta, e non temos moitos exemplos nos que gaste, o fai rematadamente mal".

Como manifestou Reyes, "agora xa non é tempo de esixir responsabilidades", que manifestará a cidadanía nas urnas o 26 de maio, pero si considera imprescindible que o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro responsable de Educación, Manuel Dios, pidan perdón ás e os composteláns por ter creado esta situación, que obriga a abrir un novo proceso de licitación deste equipamento ubicado en Fontiñas. 

Comentarios