Xornada soleada e con subida de temperaturas

Xornada soleada e con subida de temperaturas

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 20ºC

O xoves Galicia continuará baixo a influencia das altas presións situadas sobre Alemaña. 

Deste xeito, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con entrada de nubes altas ao final do día. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 20ºC.

O vento soprará de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico.

Comentarios
Lo más