Manuel Mirás critica as denuncias das últimas semanas porque "enturbian a vida municipal"

Manuel Mirás critica as denuncias das últimas semanas porque "enturbian a vida municipal"
Manuel Mirás critica as denuncias das últimas semanas porque "enturbian a vida municipal"

A raíz precisamente dunha denuncia, Patrimonio da Xunta requeriu ao Concello os permisos para convertir a antiga Escola Vella de Oroso nunha praza pública

O grupo de goberno do Concello de Oroso, liderado por Manuel Mirás, lamenta e critica as denuncias presentadas nas últimas semanas contra a xestión do executivo local, “co único obxectivo de enturbiar a vida municipal antes das eleccións”.

A raíz precisamente dunha denuncia, Patrimonio da Xunta requeriu ao Concello os permisos para convertir a antiga Escola Vella de Oroso nunha praza pública, “cando foi a propia Dirección Xeral de Patrimonio a que concedeu os permisos hai meses”, sostén Manuel Mirás.

O alcalde remitiu unha carta a Patrimonio na que expresaba “o meu profundo malestar, que un organismo esixa as licencias que él mesmo concedeu hai uns meses é difícil de explicar”. Esta misma mañá, desde a delegación provincial da Dirección Xeral de Patrimonio se puxeron en contacto co Concello de Oroso para pedir disculpas.

“Estou convencido de que estas accións para desprestixar ao goberno local veñen de Alexander Doval, Siverio Mirás Liñares e José Manuel Pulleiro ‘Tala’, que están moi interesados en facerme dano”, sostén Manuel Mirás, que considera “lamentables as formas elixidas para intentar erosionar a imaxe do grupo de goberno”.

Mirás demanda “que sexa no pleno municipal onde se discutan os temas que lle preocupan a oposición, porque se non algúns corren o risco de facer o ridículo e pensar que as obras se fan sen permisos ou licencias”. “Con actuacións deste tipo, o que fan é retrasar os traballos”, engade.

O Concello de Oroso acondiciona desde hai semanas o espazo que ocupaba a antiga escola vella de Oroso, na parroquia do mesmo nome (lugar de A Igrexa), e os veciños e veciñas da zona terán unha praza pública con xardín e mobiliario de descanso.

Comentarios
Lo más