Comeza hoxe a VIII Feira de Oportunidades do Concello de Ordes

Comeza hoxe a VIII Feira de Oportunidades  do Concello de Ordes
Comeza hoxe a VIII Feira de Oportunidades do Concello de Ordes

Como é habitual a cita desenvolverase no primeiro andar da Praza de Abastos, situada en pleno corazón da vila ordense.

Os comerciantes de Ordes están xa a instalaron os seus postos para inaugurar hoxe a que será a oitava edición da Feira de Oportunidades, organizada polo Concello de Ordes. Como é habitual a cita desenvolverase no primeiro andar da Praza de Abastos, situada en pleno corazón da vila ordense.

Ao longo dos tres próximos días, concretamente dende o 14 ata o 16 de febreiro, o público poderá atopar as mellores gangas en calzado e roupa de todos os estilos e para todas as idades, deporte, roupa, decoración, complementos, xoguetes etc. Outra das vantaxes é o amplo horario, o cal irá de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

Nesta nova edición as firmas participantes son: Alfombra Roja (zapatería), Blanco Moda (infantil e xuvenil), Carma (zapatería), Chic (moda muller), Dress (moda muller), Juan Carlos Varela (moda infantil), Mis Personajes (xoguetería), Muxa (moda muller), Peteiro (decoración), Arco Iris (mercería), Dana e Aine (complementos), Numa (moda muller) e Sportec (deportes).

Co fin de facilitarlles as compras a todas e todos os visitantes a organización habilitará un curruncho infantil no que os cativos e cativas poderán divertirse con obradoiros e xogos. Este servizo estará dispoñible o xoves e o venres de 18:00 a 20:00 horas. O sábado este horario ampliarase dende as 18:00 ata as 20:00 horas.

Comentarios