O CEIP Barouta celebrou onte a súa carreira solidaria

O CEIP Barouta celebrou onte a súa carreira solidaria
O CEIP Barouta celebrou onte a súa carreira solidaria

Os alimentos recadados serán entregados ao Concello, responsable da súa distribución

O CEIP de Barouta realizou onte a terceira edición da súa carreira solidaria, na que participaron mestres, familias e alumnado do propio colexio, así como do EEI Cobas, e de sexto de primaria do CEIP de Agro do Muíño de do CEIP A Maía. 

Baixo o lema “Barouta Móvese pola Paz”, o colexio pretendeu implicar a toda a comunidade nun acto solidario co que se recadaron recursos para o Banco de Alimentos do Concello de Ames.

O obxectivo desta iniciativa foi recadar o maior número de recursos posibles para o Banco de Alimentos do Concello de Ames, recollendo aceite, azucre, cacao en po, así como outros bens non perecedoiros, produtos de limpeza e de aseo persoal. 

Os alimentos recadados serán entregados ao Concello, responsable da súa distribución. Coa finalidade de superar a case media tonelada de alimentos recadada o ano pasado, o CEIP de Barouta xa estivo recibindo produtos ao longo destes días.

A carreira comezou ás 12:00 horas, tendo lugar ás 11:30h o quecemento e a entrega de dorsais. Os padriños do evento foron Pedro Nimo e Paula Mayobre. 

Ao rematar a carreira, cada crianza recibiu unha mochila cunha pequena merenda e unha medalla, que o alumnado elaborou nun obradoiro de cerámica do colexio, onde as fabricaron e decoraron.

Comentarios
Lo más