Sindicatos e patronal do sector de ambulancias teñen unha cita

Sindicatos e patronal do sector de ambulancias teñen unha cita
Foto de arquivo
Sindicatos e patronal do sector de ambulancias teñen unha cita

Será no Consello Galego de Relacións Laborais de Santiago o luns 18 ás 11:00 horas

CIG, UGT e CC.OO, sindicatos que convocaron a folga no transporte sanitario,  e os empresarios do sector galego de ambulancias están citados o lunes 18 de febrero ás 11:00 horas no Consello Galego de Relacións Laborais de Santiago. Data que coincide cunha nova xornada de folga.

A patronal, segundo informa Europa Press, presentará a mesma proposta que levaron ao Consello en decembro, único que antes do luns se coñeza o importe do novo concurso de tranporte sanitario que anunciara o 061. Polo outro lado, os sindicatos esperan que a mediación solicitada polo Sergas vaia para que a Xunta entre a formar parte da resolución da problemática. 

Sobre a postura dos empresarios de seguir coma a finais do 2018, os sindicatos indican que "se a actitude vai ser a mesma, solo vai servir pra botar máis gasolia ao conflicto".Todo se verá o luns.

Comentarios