Preto de 500 alumnos participarán na segunda edición do Teatro-Foro

Preto de 500 alumnos participarán na segunda edición do Teatro-Foro
Preto de 500 alumnos participarán na segunda edición do Teatro-Foro

O teatro foro é unha técnica teatral que xorde do Teatro do Oprimido creado polo dramaturgo brasileiro Augusto Boal

Ao longo deste curso escolar, o departamento de Mocidade do Concello de Santiago está a impulsar un proxecto de teatro foro para a educación en valores en diversos centros educativos da cidade.

O teatro foro é unha técnica teatral que xorde do Teatro do Oprimido creado polo dramaturgo brasileiro Augusto Boal.

Dende o teatro foro, este proxecto pretende abordar diversas problemáticas que afectan ao alumnado, e que son de gran interese afrontar dende unha perspectiva pedagóxica, tanto para o alumnado como para o profesorado.

Deste xeito, o teatro convértese nun instrumento canalizador para procurar solucións a diversas situacións que poden acontecer no seo da comunidade educativa, vencelladas a temáticas tan diversas como violencia de xénero, acoso escolar e ciberbullying, prevención de drogodependencias, machismo, resolución de conflitos, etc…

Ao longo deste curso o IES Xelmirez I, IES Xelmirez II e IES Pontepedriña, participan do proxecto creando diversas pezas teatrais (6 concretamente) para abordar dende esta metodoloxía pertencente ao teatro do oprimido de Augusto Boal. Estas pezas son representadas dentro de cada centro a outro alumnado, se ben neste curso alguna das pezas creadas será representadas noutros centros educativos da cidade, para achegar esta metodoloxía a máis centros (ex. IES Sar).

A participación do alumnado en todo o proceso creativo é fundamental dende a creación do guión á definición dos diversos aspectos escénicos forman parte do traballo educativo, ate a representación final do teatro foro ante outros compañeiros dos seus respectivos centros educativos. En definitiva o alumnado crea un recurso didáctico que pon ao servizo da súa comunidade educativa, o cal ten un gran valor pedagóxico.

A diversidade de alumnado que participa no proxecto é moi ampla, alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º ESO ou FP Básica forma parte deste proxecto.

En cifras, un total de 132 alumnos e alumnas participan na creación das diferentes pezas de teatro foro, e un total de 366 alumnos e alumnas participarán como “espect-actores” nas diferentes representacións.

Un total de 498 alumnos e alumnas participan activamente na procura de solucións a alternativas a situación concretas que parten da súa realidade e vivencia e son eles e elas quen constrúen solucións e modelos de conduta para afrontar problemáticas reais.

Arelar Xestión socioeducativa é a entidade que desenvolverá a coordinación técnica e execución do proxecto nos diferentes centros.

Comentarios