Trasladado en helicóptero un octoxenario tras precipitarse dentro dunha fogueira en Ourense

Trasladado en helicóptero un octoxenario tras precipitarse dentro dunha fogueira en Ourense
Foto de arquivo
Trasladado en helicóptero un octoxenario tras precipitarse dentro dunha fogueira en Ourense

Os feitos tiveron lugar sobre as 16:00 horas na Rúa de Valdeorras

Un home tivo que ser trasladado polo helicóptero medicalizado dos servizos sanitarios de urxencia tras caer nunha fogueira no concello ourensán de A Rúa de Valdeorras.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 16:05 horas da tarde de hoxe. Segundo a información recibida polos xestores do CIAE 112, o home sufrira queimaduras graves.

O traslado do ferido foi realizado grazas á intervención da aeronave medicalizada con base en Ourense. Para coordinar a evacuación, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a colaboración da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, tamén se informou do suceso ao GES de Valdeorras.

Comentarios