Benvida de Susana García aos participantes do proxecto laboral Eixo

Benvida de Susana García aos participantes do proxecto laboral Eixo
Benvida de Susana García aos participantes do proxecto laboral Eixo

O proxecto céntrase no formación e no deseño de itinerarios de prácticas laborais

A concelleira de Educación, Susana García, acudiu onte á Casa da Cultura de Ordes para darlles a benvida persoalmente aos 15 participantes do proxecto Eixo, o cal se centra no formación e no deseño de itinerarios de prácticas laborais.

A edila manifestou abertamente o seu interese “por formar parte de programas deste tipo”, e a súa predisposición á hora de “seguir colaborando con entidades e administracións para mellorar a situación laboral das persoas”. Claro exemplo disto é o acordo alcanzado coa Deputación da Coruña, organizadora do dito proxecto.

Ata abril, mes no que darán comezo as prácticas en empresas da provincia (700 horas), recibirán formación en inglés, redes sociais, ferramentas de busca de emprego etc, ademais de traballar no desenvolvemento multifuncional para o emprego entre outros aspectos.

Comentarios