Unha persoas cae coa súa furgoneta ao peirao de Rianxo

Unha persoas cae coa súa furgoneta ao peirao de Rianxo
Unha persoas cae coa súa furgoneta ao peirao de Rianxo

Foron varios particulares os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia preto das 22:30 horas desta noite pasada

Unha persoa cae coa súa furgoneta ao peirao de Rianxo, afortunadamente, ninguén resultou ferido.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o vehículo precipitouse do peirao. Nese momento, o ocupante da furgoneta saíu sen dificultades. Tamén, os servizos de emerxencias encargáronse de asegurar a vehículo ata que poida ser retirado.

Foron varios particulares os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia preto das 22:30 horas desta noite pasada. 

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia informaron do acontecido a Salvamento Marítimo, ao servizo de Gardacostas de Galicia e aos Bombeiros de Boiro, ademais, aos axentes da Garda Civil e Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios