Estudantes do CIFP Compostela visitan o viveiro de empresas da Cámara de Comercio

Estudantes do CIFP Compostela visitan o viveiro de empresas da Cámara de Comercio
Estudantes do CIFP Compostela visitan o viveiro de empresas da Cámara de Comercio

Hoxe luns, 18 de febreiro, visitarán a incubadora empresarial de Costa Vella estudantes do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos, ás 9:30 horas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela continua coa campaña de fomento do espírito emprendedor cooperativo no ámbito educativo de Santiago e a súa área metropolitana. Hoxe luns, 18 de febreiro, visitarán a incubadora empresarial de Costa Vella estudantes do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos, ás 9:30 horas.

O obxecto é estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral. Esta actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Comentarios