Rosalía Gómez Lasheras e Javier López darán un concerto a catro mans no Paraninfo da USC

Rosalía Gómez Lasheras e Javier López darán un concerto a catro mans no Paraninfo da USC
Rosalía Gómez Lasheras e Javier López darán un concerto a catro mans no Paraninfo da USC

Nada en Santiago de Compostela en 1994, Rosalía comeza a súa formación pianística aos 5 anos con Alexander Gold e María José Cerviño

Johannes Brahms e Robert Schumann soarán hoxe 18 de febreiro ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade nun concerto de piano a catro mans cos composteláns Rosalía Gómez Lasheras e Javier López Jorge como intérpretes.

Nada en Santiago de Compostela en 1994, Rosalía comeza a súa formación pianística aos 5 anos con Alexander Gold e María José Cerviño. Posteriormente cursa Bachelor Degree no Utrecht Conservatory (Holanda) e Master Performance na Musik Akadmie Basel (Suiza). Paralelamente especialízase en Música Antiga, e na actualidade realiza o Solistin Diplom na Musik Akademie Basel.

Actuou en numerosos escenarios en España, Holanda, Austria, Francia, Portugal, Bélxica, Suíza, Alemaña, Rusia, Exipto e Estados Unidos e gañou, entre outros, o XVI Concurso de Piano Infanta Cristina (Madrid, 2012), o XV Cicle de Primavera (Barcelona, 2012) e o Concurso Young Pianist Foundation de Amsterdam.

Conta cunha ampla experiencia como solista, traballando con directores da talla de Philippe Herreweghe ou Ahmed el Sali, e orquestras como a Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Presjovem, Orkestacademie, Orquestra Gaos, Noord Nederlands Orkest, Nederlands Jonge Orkest, Cairo Symphony Orchestra e Basel Symphony Orchestra. O seu interese pola Música de Cámara levouna a festivais como o International Chamber Music Festival “Joaquín Turina” (Sevilla), Storioni Festival (Eindhoven), Delft Chamber Music Festival e o Shiermonnikoog Chamber Music Festival.

Pola súa banda, Javier López (Compostela, 1988) comeza a estudar piano con Sonia Rohrer, Marina Shamagian, Ofelia Aznaurova e Alexander Gold Makarov. En 2006 accede ao grao superior de música no Conservatorio Superior de Salamanca, onde ademais estuda clave. Becado pola Deputación da Coruña e polo Royal College of Music, entre 2010 e 2012 estuda un mestrado en Interpretación pianística en Londres, onde establece un dúo co tenor británico William Morgan. En 2012 trasládase a Budapest (Hungría) para realizar estudos de posgrao. Na actualidade cursa nesa cidade un doutoramento en Interpretación na Academia de Música Liszt Ferenc.

Obtivo premios en diversos concursos como o Internacional de piano Donostia Hiria en 2001, o de piano ASGAIM e o ‘Joan Chissel Robert Schumann Lied Competition’.

Comentarios