Manolo Seijas repetirá como candidato da Marea Cidadá Noiesa nas vindeiras municipais

Manolo Seijas repetirá como candidato da Marea Cidadá Noiesa nas vindeiras municipais
Manolo Seijas repetirá como candidato da Marea Cidadá Noiesa nas vindeiras municipais

Tras reunir o aval de 60 inscritos, o que supón un 75% do censo da Marea Cidadá de Noia, a candidatura de Manolo Seijas non atopou oposición

Seijas presentou a súa candidatura ás primarias abertas nun clima de optimismo e cohesión da Marea noiesa. 

Tras reunir o aval de 60 inscritos, o que supón un 75% do censo da Marea Cidadá de Noia, a candidatura de Manolo Seijas non atopou oposición. De acordo co regulamento, bastaría agora co referendo da Asemblea para proceder á proclamación definitiva. Unha vez proclamado, o candidato terá que presentar unha proposta de lista que poderá ser modificada e aprobada polos inscritos.

Entre as 60 persoas que avalaron a candidatura de Seijas, nunha mostra de forza e cohesión da formación noiesa, atópanse o concelleiro Carlos Maquieira, a voceira da Marea Cidadá de Noia Lola Caramés ou o histórico militante e político da vila Xose Manuel Barreiro Ulloa.

Manolo Seijas, que xa fora candidato nas eleccións municipais de 2015, presentou a súa candidatura confiando en mellorar os resultados obtidos nas pasadas eleccións, e en conseguir un cambio de goberno na localidade.

Comentarios