CCOO e UGT entregan na Xunta 600 sinaturas para esixir a negociación da RPT do Consorcio de Igualdade e Benestar

Ducias de traballadores e traballadoras concentráronse diante da sede do organismo para esixir a dimisión do xerente, a quen culpan da situación

Comisións Obreiras (CCOO) e UGT entregaron esta mañá na Xunta de Galicia 600 sinaturas para esixir a negociación da relación de postos de traballo (RPT) do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Asemade, ducias de traballadoras e traballadoras concentrábanse diante da sede do organismo, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela. Alí corearon diversas consignas esixindo a dimisión do xerente do Consorcio, a quen culpan da situación.

Os sindicatos lembran que, tras o acordo de integración do persoal do Consorcio no ámbito do convenio único da Xunta, é preceptiva a elaboración desta RPT. Así mesmo, as listaxes de espera tamén se deben integrar nas listaxes reguladas polo decreto 37/2006 da Xunta de Galicia.

Desde o sector da Autonómica de CCOO coidan necesario a remuda na Xerencia do Consorcio para conseguir que haxa unha xestión de persoal «transparente, eficaz e resolutiva».

Comentarios
Lo más