Villares califica de "suicidio político" que vaian dúas listas enfrontadas para as xerais

Villares califica de "suicidio político" que vaian dúas listas enfrontadas para as xerais
Foto de arquivo
Villares califica de "suicidio político" que vaian dúas listas enfrontadas para as xerais

O obxectivo é "garantizar unha soa lista, que sexa o máis participada, democrático e inclusiva posible"

"Dúas candidaturas enfrontadas nunhas xerais sería un suicidio político e dígoo así de claro", así de taxante foi Luis Villares, portavoz de En Marea, advertindo do perigo que suporía que os dous bloques foran por separado. E lanza a mensaxe despois do anuncio de que Anova, Podemos e Esquerda Unida presentaranse ás eleccións xerais xuntos pero sen En Marea.

Villares en rolda de prensa engade que presentarse por separado tamén suporía un perigo para as alcaldías do cambio, e por iso, o obxectivo é "garantizar unha soa lista, que sexa o máis participada, democrático e inclusiva posible". Aínda ten a esperanza da posibilidade de que únicamente concurra unha lista e critica a presentación como coalición. "Non podemos facer que uns poucos determinen os candidatos e outros vaian pegando carteis". Despois recordou que a fórmula de coalición non permitiría aos diputados galegos ter un grupo propio. Ter que volver a depender de incluirse nun grupo confedera suporía para os representantes galegos falta de capacidade, menos visibilización e un menor reparto dos tempos.

Luis Villares realzou tamén a representatividade de En Marea como partido, segunda forza política en Galicia, sendo un "instrumento que costou conseguir. Todos tivemos que ceder, porque estar en política non é pensar ni en nós mesmos nin nos nosos partidiños". "É evidente que se non imos xuntas sería unha decepción." "Non contemplo unha posición que non sexa a unidade".

Aunque, segundo afirma Villares, representantes das formacións de En Marea dixéronlle que non hai ningunha decisión tomada nese sentido, desde Esquerda Unida e Podemos xa reiteraron varias veces que a súa intención é reeditar a "coalición" coa que se presentaron en decembro de 2015 e junio de 2016.

O portavoz de En Marea emplazou a todos os que o desexan que participen nas primarias para elexir aos candidatos aos comicios, xa que calquer persoa, incluso sen adscripción partidaria pode facelo. Esto non ocorreo na coalición. Villares ve necesaria esta celebración porque, se repitiran os mesmos representantes, sen consulta, suporía un problema de "democracia interna" contradicindo os principios básicos das mareas. Ademáis engade que é imprescindible consultar á militancia "non vaia ser que lle preguntamos á xente e ao mellor esté descontenta coa actuación dun diputado ou diputada e non quere que repita".

Comentarios
Lo más