O Grupo Popular presenta dúas emendas ao proxecto de modificación da Ordenanza da ORA que suporán a eliminación do copago e garante a rotación dos vehículos

O Grupo Popular presenta dúas emendas ao proxecto de modificación da Ordenanza da ORA que suporán a eliminación do copago e garante a rotación dos vehículos
O Grupo Popular presenta dúas emendas ao proxecto de modificación da Ordenanza da ORA que suporán a eliminación do copago e garante a rotación dos vehículos

Sánchez-Brunete explicou en rolda de prensa as melloras que suporía, sobre todo, para os santiagueses a posta en marcha destas novidades, xa que implicarían a gratuidade sen copago e lograría unha rotación efectiva

O Grupo Municipal Popular presentará no Pleno ordinario desta semana dúas emendas ao proxecto de modificación da Ordenanza da ORA que leva o Grupo de Compostela Aberta. Estas emendas de adición teñen unha gran relevancia posto que supoñen a introdución inmediata dun novo modelo da ORA.

Si esta proposta fose aprobada no Pleno, sería un dos acordos máis importantes do mandato, xunto coa baixada do IBI, tamén iniciativa da oposición. Ademais, significaría o “fin dun sistema absurdo, que supón unha dobre imposición, xa que xa pagamos cos impostos e pagamos as taxas”.

O concelleiro Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, explicou en rolda de prensa as melloras que suporía, sobre todo, para os santiagueses a posta en marcha das novidades presentadas polo seu Grupo, xa que implicarían a gratuidade sen copago e lograría unha rotación efectiva. De aprobarse estas emendas poñeríase fin a un “sistema absurdo” e asistiriamos a

Unha “reforma que beneficiaría a milleiros de veciños no seu día a día”. Sánchez-Brunete subliñou que o modelo que quere consagrar Compostela Aberta “ é o do pago, sen apenas rotación e con beneficio para a xente de fora de Santiago”.

O concelleiro Popular insistiu en que é imprescindible regular o aparcamento nas rúas de maior demanda, posto que hai que optimizar as prazas e asegurar o seu acceso equitativo mediante a rotación”.

“Zona Verde Especial” e “Zona Verde Especial”

Concretamente, a primeira de estas emendas refírese a unha “Zona Verde Especial”, que suporá que “en cada unha das rúas da zona ORA xeral haberá, cando menos, un 30% de prazas de zona verde especial. As ditas prazas permitirán un establecemento máximo de dúas horas e estarán a disposición daqueles usuarios que posúan a tarxeta de residente por domicilio ou por municipio, sempre que estean empadroados en Santiago. Se resultase necesario, o Concello entregará un distintivo específico de aparcamento, a maiores dos previstos no artigo 16”.

A outra proposta refírese a “Zona Verde Especial”, que implicaría que “en cada unha das rúas da zona ORA xeral o Concello garantirá unha oferta de prazas de aparcamento Express. As ditas prazas permitirán ao conxunto dos automobilistas o estacionamento gratuíto por un máximo de 15 minutos”.

Alejandro Sánchez-Brunete remarcou que para acadar esta oferta non é necesario tocar a ordenanza fiscal, xa que ata a súa modificación manteríase o prezo nas zonas azuis: o que se faría é restrinxir a extensión destas prazas azuis e substituílas, de forma parcial, por unhas prazas verdes gratuítas.

Estas propostas non atoparon obxeccións de legalidade e sería un pretexto por parte do Goberno de Martiño Noriega aducir dificultades técnicas de control, posto que a tecnoloxía de hoxe en día aporta solucións para que isto se poña en práctica.

Non obstante, para facer unha reforma “cabal e ampla” da Ordenación do Aparcamento é necesario “facer un estudo das necesidades dos condutores; apostar pola tecnoloxía e asegurar unha oferta complementaria de estacionamento como pode ser o aparcamento do campus Sur”.

Comentarios
Lo más