Conflito coas prazas de A Galiña Azul de Rois

Conflito coas prazas de A Galiña Azul de Rois

Un pai non obtivo praza e denunciou que unha das crianzas admitidas non estaba empadroada en Rois

Xosé Antón Pacheco fixo chegar a COMPOSTELA24HORAS.COM a súa denuncia relativa á Rede de Escolas Infantís "A Galiña Azul". Nela explicaba o proceso polo que tivo que pasar e que, finalmente non conseguiu praza para a súa filla na citada escola, a pesar de ser veciño de Rois. 

Pacheco quixo matricular á súa filla no 2017 na escola infantil A Galiña Azul de Rois pero quedou primeira na lista provisional, polo que tivo que tirar do plan b, e matriculala en Dodro, o concello de ao carón. O 11/05/2017, según informa Xosé Antón Pacheco, comunicouse á Rede de Escolas Intanfís que un dos nenos admitidos con praza non estaba empadroado no concello. Ademáis, reclamouse o padrón municipal ao Concello de Rois, entregando unha copia á Rede de Escolas Infantís. Pero segundo alega este pai, non obtuvo resposta.

O 24/05/2019 o Consello Escolar publica a lista definitiva de admitidos con praza, polo que se entende que o Consello Escolar dá por bo o documento de empadroamento. 

O 09/10/2017 Pacheco presenta a resolución do Concello de Rois na Galiña Azul, na que se procede a dar de baixa do padrón á familia citada na reclamación. E non é ata que, o 12/11/2018 presenta unha queixa polo rexistro da Xunta, momento no que, segundo afirma o afectado, recibe unha resposta da Rede de Escolas Intanfís.

Pola súa parte, a Consellería de Política Social informa sobre o conflicto a COMPOSTELA24HORAS.COM indicando que a crianza admitida na escola de Rois "acreditou no prazo de presentación de solicitudes que cumpría o criterio de prioridade para a adxudicación de prazas e, ademáis, a resolución do Concello de Rois sobre a nena e o Padrón non ten efecto retroactivo, polo que a Consellería de Política Social a través do Consorcio actuou en todo momento de xeito escrupuloso conforme á normativa aplicable".

É dicir, que para a Consellería, antes do 09/10/2017 a crianza estaba empadroada en Rois polo que cumpría co criterio de prioridade. Ademáis añade que para este ano, a filla do afectado quedou segunda na lista de espera pero, ao renovar na escola de Dodro e obter praza, desaparece da lista.

Comentarios