A Marea Cidadá de Noia prepara un acto para analizar as potencialidades do turismo local

A Marea Cidadá de Noia prepara un acto para analizar as potencialidades do turismo local
A Marea Cidadá de Noia prepara un acto para analizar as potencialidades do turismo local

Será hoxe mércores ás 20:30 horas na Casa da Cultura

A Marea Cidadá de Noia realizará hoxe mércores día 20 un faladoiro para analizar a importancia e as potencialidades do sector turístico na comarca. O faladoiro terá lugar ás 20.30h na Casa da Cultura de Noia.

Entre as persoas convidadas para falar sobre as oportunidades e as potencialidades do sector turístico en Noia, atópanse a alcaldesa de Muros María Xosé Alfonso ou o alcalde de Mazaricos Juan José Blanco. Ós dous rexidores sumaránselle ademáis a Técnica en Turismo María Mayo, a licenciada en Historia Antonieta Caramés e o Técnico de Deportes Néstor Romero.

O acto, presentado polo concelleiro e candidato da Marea Cidadá de Noia Manolo Seijas, buscará achegar ideas sobre as posibilidades de mellora que o sector turístico ofrece á zona de Noia de arredores, nun contexto de parálise institucional do Concello a este respecto.

O Turismo é un dos eixos programáticos máis importantes que a Marea desenvolverá ao longo da campaña electoral para o 26 de maio. Así mesmo, a organización ten pensado realizar máis xornadas co mesmo formato arredor de outros aspectos importantes como son as políticas orientadas á mocidade, o feminismo ou a promoción cultural.

Comentarios
Lo más