A Xerencia de Santiago incorpora a primeira enfermeira especialista en pediatría de Galicia aos centros de saúde de Vedra e Boqueixón

A Xerencia de Santiago incorpora a primeira enfermeira especialista en pediatría de Galicia aos centros de saúde de Vedra e Boqueixón
Foto de archivo
A Xerencia de Santiago incorpora a primeira enfermeira especialista en pediatría de Galicia aos centros de saúde de Vedra e Boqueixón

Conta coa nova DUE dende onte para darlle asistencia, xunto ao pediatra que xa o viña facendo, aos 900 menores de 15 anos da zona

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago incorporou este luns 18 de febreiro a primeira enfermeira coa especialidade en pediatría para os centros de saúde de Vedra e Boqueixón. Trátase da primeira praza creada con esta categoría en Galicia e das primeiras de España. A nosa comunidade é unha das poucas que creou a categoría de enfermeira especialista. Os 900 pacientes pediátricos que hai rexistrados nesa área contan desde onte, amais de coa pediatra de zona que viña dando asistencia, con esta DUE especializada.

Por outro lado esta incorporación ven a sumarse ás 281 as enfermeiras asistenciais que atenden nos diferentes centros de saúde de Atención Primaria da EOXI de Santiago, sen contar o Puntos de Atención Continuada.

No centro de Saúde de Boqueixón, hai 3 médicos de familia, 3 enfermeiras, 1 matrona que atende tamén en Vedra e 1 administrativo. No de Vedra, 3 médicos de familia, 2 enfermeiros, 1 matrona e 1 administrativo. A pediatra e a DUE que se incorpora atenderán ambos concellos.

Comentarios