A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos reúnese co diputado do PSOE pola provincia de A Coruña

A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos reúnese co diputado do PSOE pola provincia de A Coruña
A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos reúnese co diputado do PSOE pola provincia de A Coruña


O motivo da xuntanza é para analizar a posible proliferación do vertedoiro nas canteiras en desuso


Representantes da plataforma xuntáronse onte ás 12 do mediodía na antiga canteira da Casalonga co diputado Ricardo García Mira. A veciñanza transmitiulle o seu temor a que a canteira da Casalonga, que se encontra en desuso e foi adquirida por unha empresa adicada á xestión de residuos, acabe convertida nun vertedoiro.

Dous foron os proxectos arquivados pola Xunta tras a forte mobilización veciñal, o primeiro, a instalación dunha planta de tratamento de residuos e o segundo, un proxecto de restauración da canteira que agochaba un gran vertedoiro.

A lexislación autonómica abre a posibilidade de que se poda instalar plantas de tratamentos de residuo en suelo rústico e tremendamente cerca das vivendas.

A lexislación estatal permite que as canteiras se podan restaurar con “materiais valorizados” e “tecnosuelos”, ambos conceptos teñen unha definición teórica aceptable pero a plataforma explicoulle ao deputado Ricardo García Mira que a realidade é ben diferente.

En teoría un material valorizado é aquel que recupera o seu valor perdido ao ser útil para outra función e os tecnosuelos son solos artificiais que se poden empregar para a restauración de espazos degradados como as antigas canteiras.

Os exemplos do vertedoiro de Miramontes e da antiga mina de Touro “restaurada” con tecnosuelos demostran que os materiais valorizados acaban sendo todo tipo de residuos tapados con terra, ou sexa, un vertedoiro onde se mezclan residuos da construción con produtos orgánicos, hospitalarios, plásticos, pilas... Os tecnosuelos son en realidade lodos de depuradoras e cinzas de procesos de combustión, entre outros, que se mezclan con terra e area, residuos con altas concentracións de metais pesados (nitratos, hidrocarburos derivados do petróleo,...), algunhas destas substancias altamente canceríxenas e atopadas en altas concentracións nas zonas próximas aos vertedoiros antes sinalados.

A lexislación estatal sobre a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e pola que regula a produción y xestión dos residuos de construción e demolición, permite que a canteira da Casalonga, e outras 72 canteiras en desuso só na provincia da Coruña, póidanse converter en vertedoiros encubertos altamente perxudiciais para a saúde. No caso da Casalonga a escasos metros das vivendas e nunha zona densamente poboada.

Para evitar esta posibilidade, os representantes da plataforma veciñal, ademais de ter mandado escritos pedindo cambios lexislativos que realmente protexan á cidadanía e ao medio ambiente, conseguiron un encontro co deputado Ricardo García Mira onde lle transmitiron de xeito directo as súas peticións.

O deputado, ao pé da lagoa da canteira da Casalonga produto da restauración da propia natureza, amosouse interesado e comprometeuse a concertar proximamente unha reunión da plataforma co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, para transmitirlle de primeira man a preocupación da cidadanía e a necesidade de manter correcta a conservación deste enclave e doutros similares.

Comentarios