O incendio dunha casa vella en Bueu obriga a desaloxar unha vivenda que estaba ao carón

O incendio dunha casa vella en Bueu obriga a desaloxar unha vivenda que estaba ao carón
O incendio dunha casa vella en Bueu obriga a desaloxar unha vivenda que estaba ao carón

Foi unha persoa particular quen, a esa hora, puxo en alerta ao 112 Galicia que, decontado, avisou aos Bombeiros do Morrazo e á Policía Local

En Bueu, sobre as 22:00 horas, un incendio nunha casa vella situada na Rúa Banda do Río, obrigou a desaloxar aos habitantes dun inmoble lindeiro, tras resultar afectado polo fume provocado.

Foi unha persoa particular quen, a esa hora, puxo en alerta ao 112 Galicia que, decontado, avisou aos Bombeiros do Morrazo e á Policía Local.

Unha vez no punto, os axentes indicaron que só ardía a casa onde comezara o lume pero as casas lindeiras corrían perigo. Deste xeito, os Bombeiros nada mais extinguiron as lapas, confirmaron que ardera a casa por completo e que o fume afectara ás vivendas do lado. Aínda así, unicamente foi desaloxada unha delas, na que residían tres persoas.

Comentarios
Lo más