Agustín Hernández denuncia "a inútil xestión en materia de lixo" do Goberno local

Agustín Hernández denuncia "a inútil xestión en materia de lixo" do Goberno local
Agustín Hernández denuncia "a inútil xestión en materia de lixo" do Goberno local

“O peor disto é a herdanza que deixa Compostela Aberta ao Goberno que saia das urnas o vindeiro 26 de maio” asegurou o voceiro popular

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, denunciou onte en rolda de prensa a “inútil xestión en materia de lixo” que está a levar a cabo o Goberno de Martiño Noriega. Para Hernández, a situación do servizo de limpeza en Santiago é “intolerable” para unha cidade que é capital de autonomía.

Durante a súa intervención, o voceiro Popular explicou que o escenario que poden contemplar tanto veciños como visitantes ao pasar polas rúas da cidade componse de "contedores soterrados avariados, outros que nunca funcionaron, cartóns espallados polas rúas e papeleiras saturadas, ademais de vehículos de lixo estropeados, o que supón que o lixo non se recolle en tempo e forma".

“O peor disto é a herdanza que deixa Compostela Aberta ao Goberno que saia das urnas o vindeiro 26 de maio”, posto que o servizo de limpeza xa ten soportado cinco prórrogas, as máximas permitidas, polo que unha vez rematada esta última, en maio de 2020, Santiago carecerá dun contrato de limpeza que permita actualizar e atender as necesidades de limpeza da cidade.

O Popular destacou que, a estas alturas do mandato, nada se pode esperar da xestión de Compostela Aberta, posto que “si nos pasados catro anos non fixo nada, dificilmente moverá peza antes do mes de maio”.

Comentarios