A Real Filharmonía de Galicia achega aos nenos o espectáculo “Pangea”, unha viaxe pola música dos cinco continentes, xunto ao poliinstrumentista Abraham Cupeiro

A orquestra ofrecerá dous concertos didácticos para colexios hoxe xoves e o venres e outro para familias o sábado

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes, en particular de ESO e Bacharelato, hoxe xoves 21 e o venres 22, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

O concerto deste sábado servirá para dar visibilidade a AGAMME, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, que traballa na protección da infancia e a adolescencia na sociedade galega, así como na defensa dos seus dereitos. Enmárcase dentro do proxecto RFG Solidaria, co que se apoian diversas causas a través da música. Neste caso as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos.

Comentarios