Celebración na USC do Día da Psicoloxía

Celebración na USC do Día da Psicoloxía
Foto de arquivo
Celebración na USC do Día da Psicoloxía

Celebra hoxe xoves 21 o día do seu patrón, Juan Huarte de San Juan

A Facultade de Psicoloxía celebra hoxe xoves 21 o día do seu patrón, Juan Huarte de San Juan, nun acto académico que presidirá o reitor Antonio López ás 12.00 horas no Salón de Actos do centro.

Para celebrar o Día da Psicoloxía, está prevista a conferencia ‘Liberación e recuperación da violencia cara ás mulleres: retos actuais’ que pronunciará a profesora da Universidade de Barcelona experta na materia Neus Roca Cortés.

No acto intervirán tamén a decana da Facultade compostelá, Lourdes Mirón Redondo, e a do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada. Ademais, entregarase as insignias aos Premios Extraordinarios de Grao e Máster.

Comentarios
Lo más