Bascuas reclama unha actuación nos parques infantís do Concello e adaptalos á normativa vixente

Bascuas reclama unha actuación nos parques infantís do Concello e adaptalos á normativa vixente
Foto de arquivo
Bascuas reclama unha actuación nos parques infantís do Concello e adaptalos á normativa vixente

Compromiso sinala que algúns deles non se atopan no estado máis axeitado para o lecer dos cativos

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, denuncia o mal estado no que se atopan algúns parques infantís do Concello e demanda unha actuación para adaptalos a normativa vixente. Tamén propón facer cubertos algúns deles para que sexan máis confortábeis no seu uso, tanto no inverno como no verán, e pón como exemplo de parques cubertos os do paseo fluvial de Lugo ou do recinto feiral.

Dende Compromiso apuntan que os parques infantís cubertos son moi demandados, xa que fan que poidan usarse durante todo o ano, sobre todo onde a climatoloxía e tan cambiante como en Santiago.

“Esta proposta conta con apoio popular, tal e como demostra o feito de que fora aprobada polos orzamentos participativos de hai xa máis dun ano, e o Goberno municipal pasa de esta como de outras tamén aprobadas con esta ferramenta participativo”, indica Bascuas.

Comentarios
Lo más