Trasladada unha persoa tras unha colisión entre dous turismos en Ourense

Trasladada unha persoa tras unha colisión entre dous turismos en Ourense
Foto de arquivo
Trasladada unha persoa tras unha colisión entre dous turismos en Ourense

O accidente tivo lugar na N-120 sobre as 22:15 horas

Unha persoa foi trasladada a pasada noite polos servizos sanitarios de emerxencias tras sufrir un accidente co coche no que viaxaba ao seu paso pola parroquia ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo.

Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia ao redor das 22:15 horas da noite de onte, para informar dun accidente entre dous turismos na N-120, á altura do punto quilométrico 581,200.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, tras a colisión, un dos vehículos afectados chocou contra un muro impedindo que un dos ocupantes do turismo puidese saír polos seus propios medios.

Con esa información, desde o CIAE 112 Galicia, púxose en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Ourense, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e tamén o servizo de mantemento da estrada.

Finalmente, os bombeiros confirmaron que a persoa encontrábase liberada e puideron acceder a ela a través dunha porta lateral sen a necesidade de excarceración. De esa forma, o ferido puido entonces ser trasladado ao centro hospitalario de referencia polos profesionais sanitarios.

Comentarios