Motorista ferido tras unha colisión en Verín

Motorista ferido tras unha colisión en Verín
Foto de arquivo
Motorista ferido tras unha colisión en Verín

O suceso tivo lugar sobre as 19:20 horas de onte

Un motorista resultou ferido tras unha colisión entre un coche e unha moto no concello ourensán de Verín.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasados uns minutos das 19:20 horas da noite de onte. De acordo coa información recibida, o motorista chocou contra o coche e a raíz do impacto, recibiu un golpe de consideración na cabeza.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, o CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Verín e da Policía Local. Os voluntarios de Protección Civil da localidade tamén foron alertados por se fora necesaria a súa colaboración.

Comentarios