Encontrado o corpo sen vida dun home en Porto do Son

Foto de arquivo
Encontrado o corpo sen vida dun home en Porto do Son

Ata o momento, descoñécense as causas do falecemento

O corpo sen vida dun home foi atopado esta mañá no exterior dunha casa na localidade de Basoñas, en Porto do Son. O 112 Galicia tivo constancia do achado ás 12:00 horas do mediodía de hoxe, momento en que unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para alertar dos feitos. No seu relato, sinalaba que encontrou o corpo do home no exterior dunha vivenda.

Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, da Garda Civil e tamén da Policía Local.

Ata o momento, descoñécense as causas do falecemento.

Comentarios