Ribeira celebrará o Día de Rosalía cunha lectura pública na Praza do Concello

Ribeira celebrará o Día de Rosalía cunha lectura pública na Praza do Concello
Foto de arquivo
Ribeira celebrará o Día de Rosalía cunha lectura pública na Praza do Concello

Nos días previos ao 24 haberá unha obra teatral e un contacontos

Corporación de Ribeira aprobou por unanimidade en xaneiro de 2014 celebrar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e, con tal motivo, este ano preparáronse un conxunto de accións dirixidas á conmemorar tal efeméride que terán o seu momento álxido cunha lectura pública este domingo 24 na praza do Concello de 12.30 a 14.30 horas.

Por suposto, está aberta a calquera veciño interesado en homenaxear á inmortal escritora. A ela unirase un pasarrúas do grupo de música tradicional Andavía co que animar á poboación a participar.

Previamente, hoxe venres 22 arredor de 550 alumnos de primeiro, segundo e terceira de Primaria pasarán polas instalacións do Auditorio para asistir a unha representación teatral titulada"Acuario", de Teatro Ghazafelhos, baseada nun poemario de María Canosa. Terá lugar en dúas quendas entre as 10 e as 12 horas.

Ademais, o sábado 23 na biblioteca haberá un contacontos dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias. Será Polo Correo do Vento que ofreza unha acción dedicada ao publicista, ilustrador, publicista e pintor galego Federico Ribas. Principiará ás 12 horas.

Comentarios
Lo más