O Concello de Noia acomete diversas melloras no colexio da Barquiña e inicia a limpeza do exterior do IES Virxe do Mar

O Concello de Noia acomete diversas melloras no colexio da Barquiña e inicia a limpeza do exterior do IES Virxe do Mar
O Concello de Noia acomete diversas melloras no colexio da Barquiña e inicia a limpeza do exterior do IES Virxe do Mar

A próxima semana concluirán os traballos coa eliminación dos graffitis nas paredes exteriores do instituto

O Concello de Noia vén de acometer distintas actuacións de mellora no colexio da Barquiña e no IES Virxe do Mar, onde nos próximos días tamén se procederá á eliminación dos graffitis das paredes exteriores do instituto. Dúas actuacións acometidas con fondos propios do Concello de Noia para dar resposta ás demandas presentadas polas Direccións de ambos centros educativos.

A concelleira de Ensino, Ángela Neri, explica que “esta semana acometemos a limpeza do exterior do IES Virxe do Mar, atendendo unha petición do centro. Foi unha limpeza especial cun vehículo con máquina de auga a presión que permitiu eliminar o verdín que había na zona e que podía supoñer un risco de esvarar para os peóns”. Unha limpeza que rematou na tarde de onte martes, pero que terá continuidade nas próximas semanas pois “temos pendente a limpeza dos graffitis que hai nas paredes exteriores do instituto, que tentaremos de facer ao longo da próxima semana”, adianta a concelleira de Ensino.

Unha actuación que se suma á realizada durante a semana pasada no colexio da Barquiña, tamén a petición dos responsables do centro. Ángela Neri explica que “nos presentaron unha lista con distintas demandas no centro ás que lles demos resposta, dende corrixir humidades ata colocar un novo buzón”. Entre esas actuacións figuran unha mellora na entrada ao centro, a rehabilitación do valado metálico exterior, a mellora e pintado do valado en madeira interior, a eliminación de pintadas, melloras nos baños e substitución de portas e fiestras.

Comentarios
Lo más