Iniciativa para impulsar o Xardín Botánico de Compostela

Iniciativa para impulsar o Xardín Botánico de Compostela
Foto de arquivo
Iniciativa para impulsar o Xardín Botánico de Compostela

Tivo lugar o mércores na sede social do Ateneo de Santiago

O mércores tivo lugar na sede social do Ateneo de Santiago unha xuntanza na que participaron o Ateneo de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, co obxecto de impulsar o Xardín Botánico de Compostela, considerando o seu interese cidadán para a educación ambiental e a investigación, o uso recreativo do espazo para a cidadanía e o atractivo turístico.

As devanditas entidades acordaron constituírse como Comisión Cidadá para expoñer diante das distintas entidades públicas (USC, Concello, etc.) a necesidade de dotar á cidade deste novo equipamento público, mantendo futuras xuntanzas para tratar de levar adiante este proxecto na perspectiva do Ano Xacobeo 2021.

Comentarios