Celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Foto de arquivo
Celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

O espectáculo Tecín soia a miña tea terá lugar hoxe ás 19:30 horas no salón de actos

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal súmase ás celebracións con motivo do 182o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e acolle o espectáculo "Tecín soia a miña tea" que se realizará hoxe venres 22 de febreiro ás 19.30h no salón de actos e estará a cargo de Lisístrata. A actividade consiste nunha dramatización dos poemas de Rosalía amosando unha muller actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, ás veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro e algunha canción para honrar a nai da nosa terra. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Ademais, para os máis pequenos o sábado 23 de febreiro ás 12.00h no salón de actos teremos o contacontos "A meniña gaiteira". Estará a cargo de Servando Barreiro e trátase dun espectáculo que xira arredor da vida e obra de Rosalía de Castro, no que se recrea o seu primeiro poemario en galego, "Cantares gallegos", de inspiración popular, con música e recitacións baseadas na experiencia de Servando Barreiro como músico e cantor tradicional. Para nenos e nenas a partir de 3 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Comentarios
Lo más