A panadería máis antiga de Santiago bota o peche

A panadería máis antiga de Santiago bota o peche
A panadería máis antiga de Santiago bota o peche

San Luis leva aberta dende 1885

A panadería máis antiga de Santiago estaba ubicada no número 76 da rúa Rosalía de Castro. Chamábase San Luis e podíase ver o ano no que comezou o traballo nese establecemento, no 1885. Dende fai nove anos, a familia propietaria tiña alquilado o local á panadeira Ana Beiras. Pero San Luis cerrou as súas portas o pasado 15 de febreiro.

No escaparate pode verse un letreiro que se pode ler que "a partir de marzo atoparás os nosos productos en O Pan de Leis panadería", que fai referencia a unha panadería da rúa Frei Rosendo Salvado porque levaron alí as súas receitas.

Durante estos nove anos de aluguer, Ana Beiras traballou as receitas tradicionais do negocio. Pero pecha por problemas de saúde que lle impiden estar de pé. Ela descoñece que acontecerá co establecemente. Pode ser que San Luis peche para sempre ou ata que atopen outro panadeiro.

Comentarios
Lo más