Bugallo cualifica como “lamentable” a decisión de non poñer en marcha un novo Xulgado do Social en Santiago

Bugallo cualifica como “lamentable” a decisión de non poñer en marcha un novo Xulgado do Social en Santiago
Foto de arquivo
Bugallo cualifica como “lamentable” a decisión de non poñer en marcha un novo Xulgado do Social en Santiago

O considera imprescindible para resolver o actual agobio e retraso nas salas

O candidato Xosé A. Sánchez Bugallo cualificou como “lamentable” a decisión de non poñer en marcha un novo Xulgado do Social en Santiago, que considera “imprescindible para poder resolver o agobio e retraso con que están funcionando as actuais salas”. A este respecto, amosou Bugallo o seu “apoio pleno” ás demandas dos profesionais e afectados e, en consecuencia, a todas as accións que decidan emprender.

Por outra banda, o candidato anunciou que dende que se enterou da noticia emprendeu as xestións que están ao seu alcance para poder modificar esta decisión.

Comentarios