Nava Castro visitou o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, premiado pola Fundación Casas Históricas e Singulares

Nava Castro puxo en valor o papel do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla como un dos mellores expoñentes da Ruta da Camelia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o xoves na localidade coruñesa de Vedra o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla tras ser premiado pola Fundación Casas Históricas e Singulares de España. 

Trátase dunha distinción que recoñece o traballo de conservación dos seus xardíns, de gran diversidade e riqueza en flora ornamental, e o alto valor botánico e paisaxístico das especies que cultiva, de xeito especial das camelias.

Nava Castro puxo en valor o papel do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla como un dos mellores expoñentes da Ruta da Camelia, ao contar con máis de 200 variedades desta flor e cun salientable paseo de oliveiras. 

Este itinerario, que foi deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo, percorre 12 xardíns e pazos galegos onde se pode gozar desta especie e do rico patrimonio dos espazos asociados, combinándoo coa enogastronomía, o turismo urbano ou o turismo cultural.

Comentarios