Os veciños do Pexigo denuncian venta de drogas no barrio

Os veciños do Pexigo denuncian venta de drogas no barrio
Os veciños do Pexigo denuncian venta de drogas no barrio

Trátase de varios membros dunha mesma familia que antes ocuparon casa en Conxo

Os residentes das rúas Pexigo de Arriba e Pexigo de Abaixo síntense inseguros no barrio por varios membros dunha mesma familia que teñen ocupados tres pisos en dous edificios de esas rúas, e, polo que afirman, "trapichean" con drogas. 

Unha veciña da rúa Pexigo de Abaixo comenta que o portal do seu edificio convírtese na sala de espera de quen vai comprar droga. Afirma que sempre vai cun spray de pementa no bolso para poder defenderse dunha posible agresión. Afirma que se sinte desprotexida porque no ve que haxa intentos de desaloxar a esa familia, nin de deesmantelas os puntos de venta de droga.

Os veciños do barrio denuncian que as familias reciben numerosas visitas durante todo o día. Trátase dunha familia que antes ocupaba varias casas en Conxo e que levan máis de un ano no barrio. Estas vivendas xa están denunciadas polos seus propietarios, e de feito, fai unhas semanas celebrouse o xuicio por un dos pisos pero ten que repetirse por un erro na documentación da propiedade. 

Ao problema da venta de drogas únese o ruído molesto e as festas que organizan cada pouco. Cada vez que se producen problemas de ruídos chámase á Policía Local ou á Nacional, a cal xa está investigando o asunto, e patrullan con frecuencia a zona. Pero os veciños reclaman unha acción máis contundente.

Fontes da Policía indican que están a espera de que o xulgado dicte a orde de desaloxo para poder intervir nas vivendas conflictivas.


Comentarios
Lo más