Cinco establecementos de Brión conmemorarán o Día de Rosalía servindo o tradicional “Caldo de Gloria”

Cinco establecementos de Brión conmemorarán o Día de Rosalía servindo o tradicional “Caldo de Gloria”
Cinco establecementos de Brión conmemorarán o Día de Rosalía servindo o tradicional “Caldo de Gloria”

O Concello de Brión ten preparado un programa de actividades para conmemorar o Día de Rosalía

O Concello de Brión ten preparado un programa de actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que inclúen unha campaña de visualización da figura de Rosalía entre a veciñanza, a participación de cinco establecementos hostaleiros na iniciativa “Caldo de gloria” e un contacontos dirixido ao público infantil.

Así, un ano máis o Concello de Brión unirase á iniciativa “Caldo de Gloria”, unha iniciativa posta en marcha en colaboración cos municipios de Ames e Padrón e coa Fundación Rosalía de Castro. Cinco establecementos hostaleiros de Brión (café bar BTV, Casa Filiberto, Hotel Casa Rosalía, Kratos e O Repouso) servirán o caldo que Rosalía de Castro describe no poema

"Miña casiña, meu lar" de Follas Novas. Unha receita, tipicamente galega, que sería ofrecida como tapa aos clientes os días 22, 23 e 24 de febreiro.

Paralelamente, a Casa da Cultura de Brión acometerá durante eses días unha campaña de visualización de Rosalía, iniciada hoxe mesmo coa colocación dunha lona conmemorativa da poetisa galega no propio inmoble emprazado na carballeira de Santa Minia. Ademais, as persoas que se acheguen pola biblioteca e pola casa da cultura serán agasalladas con marcapáxinas, folletos e unha bolsa conmemorativa da campaña “As pegadas de Rosalía”.

A programación especial do Concello de Brión pecharase o vindeiro 11 de marzo co contacontos “Buscando a Rosalía”. Unha actuación dirixida por Raquel Queixás e dirixida a un público infantil. Terá lugar na sala municipal de exposicións e a entrada será libre e de balde.

Comentarios
Lo más