O Entroido tradicional dos Xenerais do Ulla de Sergude terá lugar o domingo 3 de marzo

O Entroido tradicional dos Xenerais do Ulla de Sergude terá lugar o domingo 3 de marzo
O Entroido tradicional dos Xenerais do Ulla de Sergude terá lugar o domingo 3 de marzo

Contará coa actuación estelar da Orquestra Olympus

O Entroido tradicional dos Xenerais do Ulla de Sergude, organizada pola Comisión de Festexos de Sergude en colaboración co Concello de Boqueixón, terá lugar mañá domingo 3 de marzo no campo da festa de Sergude. O Entroido, declarado como Festa de Interese Turístico de Galicia dende 2013, conta con numerosos actos ao longo da xornada, que comezarán ás 10:00 horas coa saída dos Correos, Xenerais e Comparsas, que percorrerán toda a parroquia acompañados polo grupo “Son de gaita”.

A esta mesma hora, no Centro de Referencia do Cabalo de Pura Raza Galega (Pazo de Quián) comezará a celebrarse a segunda edición do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Ás 11:00 horas terá lugar a recepción dos Xenerais e dos Correos no Centro de Referencia do Cabalo de Pura Raza Galega, se ben seguirán toda a mañá e parte da tarde botando os “Altos” ou “Vivas” por toda a parroquia de Sergude.

A partir das 18:00 horas, o campo da festa acollerá entroidadas e a actuación estelar da orquestra Olympus. No descanso da orquestra, ás 20:00 horas, terán lugar os tradicionais atranques dos Xenerais do Ulla, así como o Concurso de

Disfraces, no que se repartirán máis de 600 euros en premios. Haberá dúas categorías: individual e grupo (6 ou más persoas) e entregaranse tres premios por categoría. Unha vez rematado o concurso, pechará a festa a orquestra Olympus.

Comentarios