Os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola volverán acoller o Programa Municipal de Conciliación de Verán

Os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola volverán acoller o Programa Municipal de Conciliación de Verán
Os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola volverán acoller o Programa Municipal de Conciliación de Verán

O Programa de Conciliación de Verán desenvolverase durante o período de vacacións estivais: do 24 ao 28 de xuño; no mes de xullo, e do 2 ao 6 de setembro

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019. A actividade desenvolverase nos CEIPs Monte dos Postes e Raíña Fabiola, dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago. Como en edicións anteriores, haberá servizos de comedor e madrugadores.

O Programa de Conciliación de Verán desenvolverase durante o período de vacacións estivais: do 24 ao 28 de xuño; no mes de xullo, e do 2 ao 6 de setembro. O prazo de inscrición será do 13 ao 31 de maio, e os nenos e nenas poderán inscribirse en quendas ou por días soltos, só para as actividades que se desenvolverán de 9:00 a 14:00 horas, ou tamén para os servizos de madrugadores (a partir das 7:45 horas) e comedor (de 14:00 a 16:00 horas). O obxectivo do programa é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.

Edificio multiúsos en Lavacolla

Na Xunta de Goberno de hoxe tamén quedou adxudicado o contrato para a execución do proxecto de edificio multiúsos en Lavacolla, no que se van investir case 260.000 euros. Da actuación encargarase a empresa Obras Gallaecia. A adxudicación foi posible despois de que a Concellaría de Facenda habilitara o crédito necesario, á vista da prórroga dos orzamentos de 2018.

Comentarios