Unha persoa falece ao envorcar o tractor que manexaba no Saviñao

Unha persoa falece ao envorcar o tractor que manexaba no Saviñao
Foto de arquivo
Unha persoa falece ao envorcar o tractor que manexaba no Saviñao

O accidente ocorreu no lugar de Ousende, pasadas as 16:45 horas

Unha persoa faleceu esta tarde no Saviñao despois de que o tractor que manexaba envorcase. Debido a que a vítima quedou atrapada debaixo da máquina, foron precisos os medios de excarceración para a súa liberación.

O accidente ocorreu no lugar de Ousende, pasadas as 16:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia comunicar o ocorrido.

Decontado, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertaba do suceso ao 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, aos membros de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Chantada, que liberaron á persoa accidentada.

Ata o lugar e debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios tamén desprazaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense. A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Comentarios